«Se souberas onde vives, e de canto te rodea, ben seguro que verías canto ves doutra maneira»

30 may 2012

Noite da Moura

A Noite da Moura do 2012 achégase! Esperámosvos a todos o 16 de xuño!
Para ir abrindo boca, aquí tendes o vídeo do 2011.

http://www.youtube.com/watch?v=AcRfCALDU_0&feature=player_detailpage

23 may 2012

A excursión 2012

Xa ben cedo, o autobús esperábanos para pór rumbo a terras luguesas. Despois de varias horas de autobús, algunha parada, moitos sorrisos, algunha dor de cú; chegamos á primeira parada importante: O Cebreiro.

Un paseo, estirar as pernas, unha tapa e, sobretodo, algunhas pezas que nos fixeron espertar (a nós e aos turistas que decidiron a participar da nosa festa).


A seguinte parada xa foi en terras leonesas, o concello de Balboa esperábanos para darnos moita información local en "La Casa de las Gentes" e, despois, ofrecernos moita e boa comida na súa estupenda Palloza. A cambio, seguimos repartindo sons de O Castriño en calquera sitio, con calquera oportunidade.


Xa coa barriga chega, puxemos rumbo a Lugo. Un pouco de turismo antes de volver á casiña, xa de noite, moi contentos e desexando que chegue a próxima.

21 may 2012

As novas tecnoloxías chegan a Rebordechán

As novas tecnoloxías chegan as aldeas e con forza. No caso da parroquia de Rebordechán a cousa empezou co perfil en facebook da agrupación musical O Castriño, seguido tempo despois deste blogue e a nova páxina web que está o caer.  Pouco a pouco os veciños/as fóronse sumando a internet, o facebook e as novas tecnoloxías e claro... tanta novidade fai que o día a día e as costumes da terra vaian cambiando e se non o creedes mirade as seguintes imaxes:






Nota do administrador: Calquera parecido dos personaxes con algún veciño/a de Rebordechán e mera coincidencia.

Fonte: O bichero

6 may 2012

Esta fin de semana non paramos !

Esta fin de semana, Rebordechán estuvo atarefada. É que non demos feito! As xuntanzas, festas e reunións enchéronnos as horas.


Comezamos xa ben cedo, o sábado pola mañá, coa actuación na veciña Filgueira. E é que, como ultimamente nestas datas, o San José requería a nosa presencia. Por mor da auga que caía, transladamos a paparota aos baixos da Pousa, sempre boa acolledora, que sempre nos adopta.






Á tardiña puxemos rumbo a Boborás. E continuamos entre música, risas, baile e boa festa ata ben entrada a noite.




Pero non todo é algarabía e festa, entre unhas cousas e outras houbo tempo para a xuntanza de organización da Noite da Moura que se aveciña (16 de xuño) e para ultimar os preparativos para a Excursión da próxima semana.


Dende Rebordechán, estamos encantados de irvos informando; de ir contándovos datas e cousas; e, sobre todo, de compartir con moitos de vós, moitos momentos.

4 may 2012

A excursión


Coma todos os anos chegados a esta época, en Rebordechán en xeral e na Asociación Amistade en particular, xa andamos rematando os preparativos e organización da Excursión. Este ano será o vindeiro sábado, día 12 de maio, cando nos recollerá o autobús á primeira hora da mañá para achegarnos a Lugo e ás montañas leonesas, en concreto a Balboa, a facer algo de turismo, comer ben, tocar unhas pezas,...; e traernos de volta, xa con noite pecha, pensando xa na do ano seguinte.

Esperámosvos!