Esta fin de semana, Rebordechán estuvo atarefada. É que non demos feito! As xuntanzas, festas e reunións enchéronnos as horas.
Comezamos xa ben cedo, o sábado pola mañá, coa actuación na veciña Filgueira. E é que, como ultimamente nestas datas, o San José requería a nosa presencia. Por mor da auga que caía, transladamos a paparota aos baixos da Pousa, sempre boa acolledora, que sempre nos adopta.
Á tardiña puxemos rumbo a Boborás. E continuamos entre música, risas, baile e boa festa ata ben entrada a noite.
Pero non todo é algarabía e festa, entre unhas cousas e outras houbo tempo para a xuntanza de organización da Noite da Moura que se aveciña (16 de xuño) e para ultimar os preparativos para a Excursión da próxima semana.
Dende Rebordechán, estamos encantados de irvos informando; de ir contándovos datas e cousas; e, sobre todo, de compartir con moitos de vós, moitos momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario