O mes de xuño é abundante en eventos sociais en Rebordechán. O último do mes é sempre O Castriño: a romería veciñal de Rebordechán; ese día onde nos xuntamos a falar, a rir, a pasalo ben, coa familia e cos veciños, arredor de mesas cheas de comida e ricos postres, licores e outros refrixerios.
Houbo tempo para conversas, comidas e postres; houbo tempo para bailar, para rir moito, para recibir a catro "vellas" ben simpáticas; houbo tempo para tocar máis de catro e cinco pezas; para cantar o "Cumpreanos feliz"; para comer e para merendar; pero, sobre todo, houbo tempo para compartir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario