A Noite da Moura do 2012 achégase! Esperámosvos a todos o 16 de xuño!
Para ir abrindo boca, aquí tendes o vídeo do 2011.
http://www.youtube.com/watch?v=AcRfCALDU_0&feature=player_detailpage
«Se souberas onde vives, e de canto te rodea, ben seguro que verías canto ves doutra maneira»
30 may 2012
23 may 2012
A excursión 2012
Xa ben cedo, o autobús esperábanos para pór rumbo a terras luguesas. Despois de varias horas de autobús, algunha parada, moitos sorrisos, algunha dor de cú; chegamos á primeira parada importante: O Cebreiro.
Un paseo, estirar as pernas, unha tapa e, sobretodo, algunhas pezas que nos fixeron espertar (a nós e aos turistas que decidiron a participar da nosa festa).
A seguinte parada xa foi en terras leonesas, o concello de Balboa esperábanos para darnos moita información local en "La Casa de las Gentes" e, despois, ofrecernos moita e boa comida na súa estupenda Palloza. A cambio, seguimos repartindo sons de O Castriño en calquera sitio, con calquera oportunidade.
Xa coa barriga chega, puxemos rumbo a Lugo. Un pouco de turismo antes de volver á casiña, xa de noite, moi contentos e desexando que chegue a próxima.
21 may 2012
As novas tecnoloxías chegan a Rebordechán
As novas tecnoloxías chegan as aldeas e con forza. No caso da parroquia de Rebordechán a cousa empezou co perfil en facebook da agrupación musical O Castriño, seguido tempo despois deste blogue e a nova páxina web que está o caer. Pouco a pouco os veciños/as fóronse sumando a internet, o facebook e as novas tecnoloxías e claro... tanta novidade fai que o día a día e as costumes da terra vaian cambiando e se non o creedes mirade as seguintes imaxes:
Nota do administrador: Calquera parecido dos personaxes con algún veciño/a de Rebordechán e mera coincidencia.
Fonte: O bichero
6 may 2012
Esta fin de semana non paramos !
Esta fin de semana, Rebordechán estuvo atarefada. É que non demos feito! As xuntanzas, festas e reunións enchéronnos as horas.

Comezamos xa ben cedo, o sábado pola mañá, coa actuación na veciña Filgueira. E é que, como ultimamente nestas datas, o San José requería a nosa presencia. Por mor da auga que caía, transladamos a paparota aos baixos da Pousa, sempre boa acolledora, que sempre nos adopta.

Á tardiña puxemos rumbo a Boborás. E continuamos entre música, risas, baile e boa festa ata ben entrada a noite.
Pero non todo é algarabía e festa, entre unhas cousas e outras houbo tempo para a xuntanza de organización da Noite da Moura que se aveciña (16 de xuño) e para ultimar os preparativos para a Excursión da próxima semana.
Dende Rebordechán, estamos encantados de irvos informando; de ir contándovos datas e cousas; e, sobre todo, de compartir con moitos de vós, moitos momentos.
Comezamos xa ben cedo, o sábado pola mañá, coa actuación na veciña Filgueira. E é que, como ultimamente nestas datas, o San José requería a nosa presencia. Por mor da auga que caía, transladamos a paparota aos baixos da Pousa, sempre boa acolledora, que sempre nos adopta.
Á tardiña puxemos rumbo a Boborás. E continuamos entre música, risas, baile e boa festa ata ben entrada a noite.
Pero non todo é algarabía e festa, entre unhas cousas e outras houbo tempo para a xuntanza de organización da Noite da Moura que se aveciña (16 de xuño) e para ultimar os preparativos para a Excursión da próxima semana.
Dende Rebordechán, estamos encantados de irvos informando; de ir contándovos datas e cousas; e, sobre todo, de compartir con moitos de vós, moitos momentos.
4 may 2012
A excursión
Coma todos os anos chegados a esta época, en Rebordechán en xeral e na Asociación Amistade en particular, xa andamos rematando os preparativos e organización da Excursión. Este ano será o vindeiro sábado, día 12 de maio, cando nos recollerá o autobús á primeira hora da mañá para achegarnos a Lugo e ás montañas leonesas, en concreto a Balboa, a facer algo de turismo, comer ben, tocar unhas pezas,...; e traernos de volta, xa con noite pecha, pensando xa na do ano seguinte.
Esperámosvos!
5 mar 2012
Músicas do mundo
Playing For Change é un movemento multimedia creado para inspirar, conectar e promover a paz no mundo a través da música. Deixovos unha excelente versión de Stand By Me. Espero que ha disfrutedes.
27 feb 2012
O Entroido
En Rebordechán, xa hai días que, cando saes fóra, cheiran as acacias, un símbolo
inequívoco de que chegou a Cuaresma e de que os días de Entroido, remataron.
O Entroido, aquí, coma sempre quedou curto pero foi moi intenso.
Comezamos o sábado 11 pola tarde, coa feitura dos mecos. Herba
seca, roupa vella e un pouco de inxenio foron os ingredientes para unha parella
ben simpática; que tiña como destino a queima o seguinte sábado e que, na
espera, estivo colgada durante a semana no Pazo.
O sábado 18, amencimos cos preparativos: había que ir buscar
o pan e o roscón, os chourizos e o touciño; preparar o equipo de música e
darlle os últimos retoques ao disfrace.
Pola tarde, a xuntanza xa comezou ben interesante. A partir
das 4 comezaron a chegar das máis extrañas persoaxes: piratas, tunos, a señora
que facía o pino, hippies, Misses, durmilóns, vellas e vellos, curas… había de
todo!
Cando lle chegou a hora á parella, fomos buscala entre todos
para darlle final.
E, coas laparadas do lume que os consumía, aínda presentes,
empezamos a preparar a merenda. Un sinfín de bocadillos de touciño e chourizo
desfilaron diante nosa; tiñamos viño con azucre para regar as gorxas; e, a
cousa foise animando. A música non faltou, nunca falta: O Castriño regalounos
unha chea de boas pezas para bailar.
E así, aos poucos, foi chegando a noitiña, entre música,
comida, sorrisos e veciños. Agora, neste comezo de Cuaresma, xa lavamos e
empaquetamos os traxes, para gardar ata o ano seguinte. E xa comezamos a
preparar a seguinte festa, as seguintes xuntanzas do ano.
Esperámosvos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





